CICLO: VIGOCULTURA
AS DESTERRADAS de CARME VARELA (25º Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais)
Procedencia: Galicia
Xénero: teatro
Idade recomendada: adultos (+13)
Duración: 95 minutos
Idioma: galego
Prezo de entrada: 10 €
Ficha técnica e artística:
Elenco: Belén Constenla, Melania Cruz, Rocío González, Rebeca Montero, Patricia Vázquez e Víctor Mosqueira.
Espazo Escénico: Laura Iturralde e Quico Cadaval
Espazo Lumínico: Laura Iturralde
Espazo Sonoro.- Piti Sanz
Deseño de Vestiario: Celia Sineiro
Deseño Gráfico: Javier de la Rosa
Fotografía: Sabela Eiriz
Vídeo: Sonia García
Axudante de Dirección: Mon Serodio
Xefe de Produción: Rubén G. Pedrero
Autoría: Carme Varela
Dirección: Quico Cadaval
Descrición:
No século XVI unha pequena comunidade de monxas á beira do Miño vese ameazada pola cobiza da xerarquía eclesiástica. Os señores da Igrexa, para rematar coa resistencia das freiras non dúbida en difamalas e ameazalas por todos os medios, desde o tribunal da inquisición á violencia das mesnadas señoriais. Carme Varela reconstrúe nun thriller conventual aqueles tempos de resistencia das comunidades de mulleres autosuficientes e poderosas. A vida parece continuar coas súas rutinas de rezos, bordados e melindres, mais a negra sombra da ameaza exterior abátese sobre o convento de Albeos.
A heroica resistencia daquelas freiras chega agora encarnada nun elenco luxoso (Melania Cruz, Patricia Vázquez, Rebeca Montero, Rocío González, María Costas e Víctor Mosqueira), iluminadas por Laura Iturralde e dirixidas por Quico Cadaval.
A obra de Carme Varela foi un fenómeno editorial singular. Chegou ás cinco edicións nun ano, insólito para un texto teatral.
Cando:
Venres, 4 de Abril de 2025
Lugar:
Auditorio Municipal do Concello
Horario:
20:00 h
Prezo:
10 €
As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):
A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com
Na Librería Libros para soñar (Rúa Triunfo 1, baixo, Vigo), en horario de luns a venres de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:30 a 13:30 horas.
O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)
Máis información: