Fecha de inicio:
29/05/2026
Fecha de fin:
29/05/2026
Hora estimada:
12:00
Lugar:
Museo-Pazo Quiñones de León
Info:

Peza Senlleira: Historia e evolución do Pazo de Castrelos

Esta actividade que ofrecerá un recorrido riguroso pola traxectoria deste emblemático conxunto patrimonial de Vigo, estará dirixida por Jesús Ángel Sánchez García, catedrático de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela.

Durante a sesión abordaranse os antecedentes da primeira casa e torre que señoreou as terras de Castrelos desde o século XVI, así como a súa transformación, a partir de 1670, no pazo coñecido como Torre e Palacio de Lavandeira. A evolución arquitectónica do Pazo de Castrelos e dos seus xardíns sitúao entre os exemplos de maior interese histórico e patrimonial de Galicia.

Así mesmo, destacarase o carácter singular de Castrelos como modelo de transformación dunha propiedade señorial, cuxa evolución culminou coa súa conservación e posta en valor como patrimonio público tras a doazón realizada polo marqués de Alcedo á cidade de Vigo en 1925.

Cando:

Venres, 29 de Maio de 2026

Lugar:

Museo-Pazo Quiñones de León

Horario:

12.00 h

Prezo:

Inscrición e máis información na web https://museoseduca.vigo.org/reservar-visita/, no teléfono 615258531 e no correo electrónico museoseduca@vigo.org

Fecha actualización del contenido:

2026-05-25 19:46
Fuente de los datos: Axenda de Vigo