Xénero: Teatro, música, poesía e festaIdade recomendada: adultos (+12)Idioma: galego-castelánDuración: 70 minutosPrezo da entrada: 5 €
Ficha técnica e artística:
Autoría e dirección: Paula PierMúsica orixinal: Paula Pier, Chus López, Sandra Pérez, María VelascoElenco: Voz: Paula Pier – Saxo: Chus López – Percusión: Sandra Pérez – Guitarra: María VelascoDeseño de escenografía: Paula Pier e Core DiseñoDeseño de iluminación: Laura Iturralde e As dúas e puntoDeseño de cartel: Lara MonterdeDeseño de vestiario: Paloma Saavedra.Son: Lara Álvarez
Sinopse:
“Eu, Fraude!” é un espectáculo que fala da posibilidade de agarrarse forte á vida e de gritarlle ao mundo coa voz do noso propio ser. Abro o corazón e as entrañas e deixo que asomes a cabeza pola xanela da miña alma. Recito, bailo, conto e canto as miñas dores, as miñas alegrías, as miñas luces e as miñas máis témeras sombras.
Hoxe estamos aquí para facerlle un canto á vida!
"Eu, Fraude" impúlsanos, en forma de viaxe emocional, a liberarnos das caretas autoimpostas pola sociedade que nos separan de nós mesmas e das demais.
É, sen dúbida, unha historia de amor propio en forma de festa.
Cando:
Sábado, 30 de Novembro de 2024
Lugar:
Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei)
Horario:
20:00 h
Prezo:
5 € (venda en www.giglon.com e Librería "Libros para soñar")