Ópera representada.
"La Dame de Monte-Carlo."
Monólogo para soprano e piano baseado nun texto de Jean Cocteau. Estreada no Théâtre des Champs-Élysées de París, o 5 de decembro de 1961.
"La Voix Humaine."
Ópera dun acto para soprano e piano, baseada na obra homónima de Jean Cocteau. Estreada no Théâtre de l'Opéra-Comique de París, o 6 de febreiro de 1959.
Sonia de Munck – Soprano
Miguel Huertas – Piano
Eugenia Corbacho – Dramaturxia e Dirección de Escena
Vídeo e Iluminación – Global – Montaxe
Maquillaxe e Peiteado – Esther Quintas
Subtítulos – Ana Miguélez
"A Dama de Montecarlo" mergúllanos na mente dunha muller atrapada na memoria do seu pasado, no deslumbrante Montecarlo. Marcada pola nostalxia, a perda e a desilusión, a súa voz resoa entre o brillo dos casinos e a sombra do seu propio declive. A través dunha narrativa chea de melancolía e desesperación, a protagonista lévanos nunha viaxe emocional onde o xogo e o glamour se entrelazan coa súa caída persoal. Baseada nun poema de Jean Cocteau, esta obra evoca unha atmosfera tan seductora como tráxica e patética. «A dama de Montecarlo é unha das pezas máis escuras que escribín nunca» (Poulenc)
Pola súa banda, «A voz humana», tamén inspirada na obra homónima de Jean Cocteau, é unha alegoría do drama psicolóxico íntimo. Poulenc compúxoa despois de romper co seu último gran amor (Louis Gautier) e descríbea como unha «traxedia lírica». Unha muller desesperada, Elle, ten unha última e desgarradora conversa telefónica co seu amante, que está a piques de casar con outra persoa. Cargada de intensidade e emoción implacable, esta obra esixe unha dedicación absoluta por parte do intérprete, tanto vocal como teatralmente, o que a converte nun desafío abrumador e conmovedor para calquera cantante. Directores como Rossellini e Almodóvar adaptaron esta obra para o cine.
«Intentei traducir á música a verdade humana, a conmovedora sinxeleza desta muller» (Poulenc).
Cando:
Venres, 26 de Setembro de 2025
Lugar:
Teatro Afundación
Horario:
20.30 h
Prezo:
Venda de entradas en https://entradas.ataquilla.com


