CICLO: VIGOCULTURA
Procedencia: Galicia
Xénero: folk-tradicional
Idade recomendada: todos os públicos
Duración: 90 minutos
Idioma: galego
Prezo de entrada: 10 €
Descrición:
ÓSCAR IBÁÑEZ é un gaiteiro e frautista fascinante que, partindo das raíces, crea unha fusión musical atlántica, entre investigación e creación, dando como resultado un son engaiolante con selo propio. Na súa proposta altamente enérxica e dinámica, as melodías tradicionais galegas, peninsulares e europeas enriquécense con variacións e voces virtuosas, elaboradas a partir dunha linguaxe actual, sobre unha base rítmica contundente, na que os ritmos galegos se mesturan con outros xéneros europeos e americanos.
Este ano celebra o 20 aniversario da súa traxectoria artística coa súa banda en directo ÓSCAR IBÁÑEZ & TRIBO, co seu novo espectáculo TRIBAL, no que combina novas creacións con algúns dos temas máis destacados dos seus traballos discográficos nunha espectacular viaxe sonora chea de orixinalidade, imaxinación e creatividade, na que predomina o son celta.
ÓSCAR IBÁÑEZ & TRIBO está formado por excelentes músicos de longa e recoñecida traxectoria, que formaron parte das bandas dalgúns dos máis destacados artistas e grupos da música folk, como son: Suso Iglesias (Xabier Díaz, Nova Galega de Danza), acordeón ; Harry.c (Milladoiro), violín; Xosé Liz (Riobó, Anxo Lorenzo), bouzouki; Paco Dicenta (Mercedes Peón), baixo; e Leandro Deltell (Budiño), batería e percusión; Teresa Gómez (Son de Seu), zanfona; Carla Villanueva, xilófono; e 6 gaiteiros da Banda de Gaitas Suevia.
Con esta formación realizou máis de 250 concertos por toda a Península Ibérica, Alemaña, Bretaña e Italia, participando nalgúns dos festivais de música folk internacionais máis importantes como: Festival de Rudolstadt, Festival Intercéltico de Lorient, Le Son Continu, Festival Capodanno Céltico, Festival do Mundo Celta de Ortigueira, Festival Intercéltico do Morrazo, Festival Internacional Celta Reino de León, Sauga Folk, Folkomillas, Folk Plasencia, Folk Canarias ou Festival de Folk Celta da Ponte da Barça, entre outros.
Cando:
Sábado, 15 de Marzo de 2025
Lugar:
Auditorio Municipal do Concello
Horario:
20:00 h
Prezo:
10 €
As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):
A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com
Na Librería Libros para soñar (Rúa Triunfo 1, baixo, Vigo), en horario de luns a venres de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:30 a 13:30 horas.
O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)
Máis información: