Fecha de inicio:
19/04/2026
Fecha de fin:
19/04/2026
Hora estimada:
20:00
Lugar:
Praza do Rei 1
Info:

Óscar Cobos Cía. de Danza: «Nove espellos». Día Internacional da Danza

ÓSCAR COBOS COMPAÑÍA DE DANZA: “NOVE ESPELLOS”DÍA INTERNACIONAL DA DANZAProcedencia: GaliciaXénero: danzaIdade recomendada: todos os públicosDuración: 50 minutosIdioma: galegoPrezo da entrada: 10 €

Ficha técnica e artística:Produción: Oscar Cobos Cía de DanzaIdea orixinal: Oscar CobosDirección escénica: Oscar CobosCoreográfía: Oscar Cobos, Ari VazquezIntérpretes: Oscar Cobos, Ari Vazquez, Squío CarralEspazo sonoro: Serxio Cobos, Ivan Costa, Miguel Tenorio, Manolo Covas.Vestiario: Carolina DígueleEspazo escénico: Oscar CobosDeseño de iluminación: A LourensaSon: Francisco AlvarellosDistribución: Antía Barcia

Sinopse:NOVE ESPELLOS é unha viaxe polo multiverso do eu-non-consciente, un espazo onde o todo e a nada son o mesmo, onde se recrean medos, desexos, fracasos, ausencias, acertos, alegrías e tristezas, onde a música que todos levamos dentro pode chegar a converterse nun ruído insoportable, onde un sorriso pode converterse en algo irrecoñecible, onde as liñas se deforman creando formas que soamente son posibles nun espazo-tempo ilimitado, onde un berro imposible deixa que o eu máis esencial se faga presente, despoxado de calquera imposición provinte do mundo da razón. É a liberdade absoluta que cada un de nós creamos nun mundo feito á nosa medida, onde procesamos as emocións e os recordos que experimentamos no universo do eu-consciente.

­

Cando:

Venres, 24 de Abril de 2026

Lugar:

Praza do Rei 1

Horario:

20:00 h

Prezo:

As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):    • A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com    • Na Papelería Folder Progreso (Rúa Progreso, 22, Vigo), en horario de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:30 h.    • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)

 

Fecha actualización del contenido:

2026-04-13 17:34
Fuente de los datos: Axenda de Vigo