ov4302501261 es lg
Fecha de inicio:
25/01/2026
Fecha de fin:
25/01/2026
Hora estimada:
12:00
Lugar:
Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música
Info:

Orquestra Vigo 430: Tempada 2026: 25 Xaneiro PAISAXES SOÑADAS

Este programa propón unha viaxe polo territorio máis íntimo e imaxinativo do Romanticismo tardío. A soidade luminosa da Sonata para violín só nº 4 de Eugène Ysaÿe ábrenos as portas dun mundo interior onde virtuosismo e poesía se confunden. En Märchenbilder, Robert Schumann convídanos a entrar nun universo de lendas e contos sen palabras, onde a viola e o piano debuxan escenas cheas de delicadeza, misterio e emoción. Tras a pausa, a Sonata para violín e piano de Richard Strauss expándese como unha paisaxe ampla e ardente, onde a intensidade do lirismo straussiano acada unha das súas expresión máis temperás e apaixonadas. Tres obras, tres modos de soñar: unha travesía pola imaxinación, polos matices da memoria e polas paisaxes invisibles que só a música é quen de revelar.

Intérpretes:

Ensemble Vigo 430: Amira Abouzahra (violín e viola) & Cristina Redondo (piano)

Programa:

1ª parte

E. Ysaÿe: Sonata para violín só No.4

R. Schumann: Märchenbilder, para viola e piano

2ª parte

R. Strauss: Sonata for Violin and Piano  

Cando:

Domingo, 25 de Xaneiro de 2026

Lugar:

Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música

Horario:

12.00 h

Prezo:

Entradas en https://entradas.ataquilla.com

Fecha actualización del contenido:

2026-01-13 12:20
Fuente de los datos: Axenda de Vigo