Trátase dunha das obras mestras de Giuseppe Verdi, que marcou o inicio da súa consagración como compositor.
Estreada na Scala de Milán o 9 de marzo de 1842, chegou, posteriormente, ao teatro Principal de Barcelona o 2 de mayo de 1844. Está ambientada no conflito bíblico entre hebreos e babilonios e a trama xira en torno a Nabuccodonosor, rei de Babilonia, e a súa filla adoptiva Abigaille, quen trata de usurpar o trono de Babilonia, á vez que xurde a loita do pobo hebreo pola súa liberación.
A posta en escena contará cunha impoñente escenografía e un vestiario espectacular que transportarán ao espectador á antiga Mesopotamia. Esta produción conta con más 75 artistas (solistas, coro e orquesta).
Cando:
Domingo, 9 de Agosto de 2026
Lugar:
Auditorio de Castrelos
Horario:
22.00 h


