Capturadepantalla2025 03 05alas11.25.34 es lg
Fecha de inicio:
13/03/2025
Fecha de fin:
14/03/2025
Hora estimada:
–:–
Info:

Novena edición da feira de ensinanzas artísticas, profesionais e universitarias de Vigo

Contará coa presenza de 31 entidades expositoras que amosarán unha variada oferta formativa e ten previsto ser visitada por 40 centros escolares de Vigo, Pontevedra e Ourense e preto de 2500 alumnos/as e profesores/as

Esta iniciativa xurdiu fai 11 anos coa idea de axudar ao alumnado, orientadores e familias a valorar moitas especialidades xeralmente menos coñecidas á hora de decidir un futuro laboral.

Ao longo das sucesivas edicións e debido ás necesidades de información do alumnado se foron ampliando as especialidades participantes na procura de dar unha visión máis amplia da oferta educativa. Nesta edición estarán presentes 31 entidades que van desde a formación non formal ata a Universitaria, o que pode axudar a todos os asistentes a valorar que lle interesa para formarse, para ter un futuro laboral ou ter unha actividade complementaria á súa formación actual.

En estos momentos están inscritos 2500 escolares de 40 centros educativos de Vigo, Pontevedra e Ourense. Os asistentes prioritariamente son de 3º e 4º da ESO, 1º e 2º de BACH, inda que tamén asisten alguns escolares de 6º de primaria e 1º da ESO interesados en ir vendo con tempo o que pode interesarlles.

Entre as múltiples especialidades que se poderán ver nesta Feira cómpre saliantar as seguintes: música, moda, deseño de interiores, auxiliar de voo, cociña, xoiería, mediciña, forzas armadas, policía nacional, garda civil, piloto de liñas aéreas , electricidade , imaxen e son, esgrima, osteopatía, idiomas, traballo social, educador social,… entre outras moitas.

A Feria terá un horario de 9:00 y 14:00 e inda que esta organizada con horarios para o alumnado de colexios e institutos visitantes, tamén nese mesmo horario matinal está aberta aos pais e nais que desexen achegarse con seus fillos/as.

O listado de entidades participantes é o seguinte:

Cando:

Do 13 de Marzo ata o 14 de Marzo de 2025

Lugar:

Museo Verbum (Casa das palabras)

Horario:

De 9-14h

Fecha actualización del contenido:

2025-03-05 12:00
Fuente de los datos: Axenda de Vigo
Lugar:
Museo Verbum (Casa das palabras)