3 Bulebule es lg
Fecha de inicio:
05/10/2025
Fecha de fin:
05/10/2025
Hora estimada:
20:00
Info:

Náufragos Teatro: Bulebule

Procedencia: GaliciaXénero: teatroIdade recomendada: a partir de 4 anosDuración: 45 minutosIdioma: galegoPrezo da entrada: 5 €

Ficha técnica e artística:Elenco: Irene Lorenzo e Jimmy NúñezDramaturxia e dirección: Gustavo del RíoMúsica: Daniel ValentínEspazo escénico: Claudia L. FrancoEspazo iluminación: Daniel PaisConstrución escenografía: Luchi IglesiasCoreografía: Adrao CasalAsesoría de movemento: Raquel SantallaAxudantía de dirección: Rebeca VecinoAxudantía de produción: Antonio VázquezAsesoría dramática: Verónica RegoAgradecementos: Confraría de Pescadores de Burela, Concello da Coruña, Mousa House e Alicia Toba

Sinopse:A Candela encántalle o mar e soña con ser patroa dun barco, que quere construír ela mesma. Ser patroa non é unha tarefa doada e facer un barco, tampouco. A Candela gústalle moito pasar tempo co seu amigo Bruno, quen vive nun faro e sente verdadeira paixón por compoñer música. Candela, a quen chaman Bulebule, ten Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade (TDAH).

Bulebule é unha fermosa obra de Os Náufragos teatro que explora os camiños da igualdade, destacando o esforzo das mulleres por derrubar as barreiras que lles impiden acceder a determinadas profesións.

Cando:

Domingo, 5 de Outubro de 2025

Lugar:

Praza do Rei 1

Horario:

20:00 h

Prezo:

5 €

As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):

    • A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com    • Na Librería Libros para soñar (Rúa Triunfo 1, baixo, Vigo), en horario de luns a venres de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:30 a 13:30 horas.    • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)

 

Fecha actualización del contenido:

2025-10-01 16:30
Fuente de los datos: Axenda de Vigo
Lugar:
Praza do Rei 1