Fecha de inicio:
20/02/2026
Fecha de fin:
20/02/2026
Hora estimada:
17:30
Lugar:
MARCO (Museo de Arte Contemporánea)
Info:

MARCO: Obradoiro Encontro «Entear Memorias»

Entear memorias é unha invitación aberta a entrelazar as nosas memorias. Un espazo de encontro para compartir, escoitar, contar e crear en grupo unha obra artística que reflictaesas historias persoais que nos definen. Ademais de ser unha forma de preservar os recordos, esta proposta é tamén un espazo de creación compartida.A necesidade de crear é inherente a todas as persoas, e no contexto deste proxecto, convértese nunha vía para reflexionar sobre a contorna, sobre o impacto do consumo,sobre a urxencia de deternos a pensar no que temos e o que deixamos ir.Pensar coas mans convértese nun acto de resistencia fronte á inmediatez, unha oportunidade para desentrañar a serenidade entre tanto ruído. No medio deste universode emocións nace Entear Memorias: unha proposta que parte do persoal e que busca converterse nunha experiencia colectiva que se materialice a través da creación, paraque as memorias poidan conectarse nun só tecido.Entear Memorias é un proxecto de Patricia Gestoso Abraín, deseñadora de interiores e creadora interdisciplinar.

Cando:

Venres, 20 de Febreiro de 2026

Lugar:

MARCO (Museo de Arte Contemporánea)

Horario:

17.30 a 20.00 h

Prezo:

Gratuíto. PRAZAS LIMITADAS (máximo 30 participantes)Imprescindible inscrición (antes do o mércores 18 febreiro)Enviando un email a comunicacion@marcovigo.com indicando nome+apelidos

Información en https://www.marcovigo.com/es/didactica

Fecha actualización del contenido:

2026-02-17 13:46
Fuente de los datos: Axenda de Vigo