Xornada técnica para profesionais de Bibliotecas, arquivos e centros de documentación
Logo de tres edicións destas Xuntanzas, que brindaron ás persoas responsables dos centros a posibilidade de se coñecer e de avanzar en proxectos comúns, a Biblioteca-Centro de documentación do MARCO quere dar un paso adiante e abrir a posibilidade de participación a calquera persoa relacionada coas Bibliotecas, Arquivos e Centros de Documentación de Vigo, sexa na actualidade ou nalgunha outra etapa, que estea interesada en participar.
Esta IV Xuntanza desenvolverase na mañá do xoves 15 de maio, e os dous relatorios principais estarán a cargo de representantes das Bibliotecas Municipais de Oleiros e do Espazo Lectura de Gondomar como institucións convidadas. O resto do programa, como en anos anteriores, estará aberto a intervencións de 20 minutos dos centros ou proxectos da área de Vigo que se animen a presentar ás súas comunicacións.
Cando:
Xoves, 15 de Maio de 2025
Lugar:
Salón de Actos do MARCO (Museo de Arte Contemporánea)
Horario:
9.30 a 14.00 h.