"Museos unindo un mundo dividido"
Neste 2026, o MARCO celebrará o Día Internacional dos Museos cun programa especial de actividades para distintos públicos, que se desenvolverá na fin de semana do 15 ao 17 de maio. Comezará o venres 15 cunha sesión do proxecto "Entear Memorias", conducido por Patricia Gestoso Abraín, que nesta ocasión se verque ao exterior, en torno á fachada principal do Museo, como convite aberto a calquera persoa que queira participar nesta experiencia.
O sábado 16, o programa previsto céntrase na grande exposición individual de Alberto Ardid. "Hai un lugar", recentemente inaugurada na planta baixa, con obradoiros para público infantil e familiar, e un percorrido por salas en compañía do artista, aberto ao público en xeral.
Xunto á mostra de Ardid, a partir deste sábado a Galería A3 da planta baixa acolle a apertura dunha nova mostra de produción propia, que reúne obras dos artistas Jorge Macchi (unha delas pertencente á Colección MARCO), Jonathan Hernández, e Enrique Je?ik.
O domingo 17, Día das Letras Galegas, será a data de clausura de "Un país ilustrado. As cubertas de Galaxia", un proxecto expositivo e editorial que se completa cun catálogo publicado por Galaxia con textos, documentación e imaxes da mostra.
Consultar programa en marcovigo
Cando:
Do 15 de Maio ata o 17 de Maio de 2026
Lugar:
MARCO (Museo de Arte Contemporánea)
Horario:
Información en marcovigo


