CICLO: VIGOCULTURA
Procedencia: Galicia
Xénero: teatro
Idade recomendada: adultos
Duración: 70 minutos
Idioma: galego
Prezo de entrada: 8 €
Ficha técnica e artística:
Elenco: Camila Bossa e Luis Iglesia
Autora: Sabina Berman
Versión e dirección: Xoque Carbajal
Axudante de dirección: Jouse García
Escenografía e vestiario: Diego Valeiras
Iluminación: Xoque Carbajal
Montaxe de son: Pepe Castro e Chema Gómez
Fotografía: Xoque Carbajal
Vídeo: Pepe Castro
Descrición:
O director dun importante medio de comunicación debe deixar o seu posto en mans dun dos seus dous subdirectores. Un é muller, home o outro. Que influirá nesa decisión?: a capacidade?, o sexo?, a experiencia?, a audacia?, o engano?, a trampa?..
Como primeira aproximación poderiamos dicir que Testosterona é unha comedia, mais aínda sendo posiblemente certo ese etiquetado de pouco nos ía servir, pois non faría referencia máis que ao envoltorio e a razón da elección deste texto non está na forma, sen desdeñala, senón nos contidos que conforman a peza.
Testosterona fala de desigualdade laboral; un home e unha muller optan a un posto de máxima responsabilidade nun medio de comunicación de ámbito nacional. Como debe actuar ela para ser a elixida? Por que non é suficiente a súa capacitación, o seu talante, a súa formación e a súa intuición?
Todos esperan que actúe como o faría un home. Esperan que reproduza as regras de poder deseñadas polos homes.
Testosterona parece unha fábula contemporánea na que son posibles múltiples lecturas; pero na que unha sobresae: a idea de que a muller se conforma con alcanzar as cotas de poder que o sistema –creado por homes- estableceu. Iso apréciase nas reivindicacións que as mulleres fan (aínda hai poucas directoras, poucas executivas, poucas catedráticas) e así os mecanismos de corrupción instalados nas estruturas de poder perpetúanse.
Testosterona, proponnos unha reflexión profunda sobre a desigualdade laboral por cuestión de sexo, pero faino de maneira que nos sorprenderemos cun sorriso debuxado nos nosos beizos, vendo as peripecias destes personaxes.
Cando:
Venres, 21 de Marzo de 2025
Lugar:
Auditorio Municipal do Concello
Horario:
20:00 h
Prezo:
8 €
As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):
A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com
Na Librería Libros para soñar (Rúa Triunfo 1, baixo, Vigo), en horario de luns a venres de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:30 a 13:30 horas.
O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)
Máis información: