24 magoteto es lg
Fecha de inicio:
13/04/2025
Fecha de fin:
13/04/2025
Hora estimada:
18:00
Info:

Mago Teto: «Rock ‘n’Magic»

CICLO: VIGOCULTURA

Procedencia: Galicia

Xénero: maxia con música en directo

Idade recomendada: a partir de 8 anos

Duración: 75 minutos

Idioma: galego

Prezo de entrada: 5 €

Ficha técnica e artística

Maxias : Teto

Guitarra eléctrica e voces : Mr. Cool

Baterista : Fer Risco

Técnico de iluminación e son: Javier Adán Ayude "Beca"

Deseño Gráfico : María Caramés

Fotografía: María Simón

Audiovisual: Granero Video

Idea orixinal: Héctor Guerra

Composición e arranxos musicais: Ramón Orencio

Dirección artística: Fran Rei

Produción: Mago Teto

Distribución: Culturactiva

Descrición:

Un show que mestura as dúas principais paixóns de Teto: o rock e a maxia. Era cuestión de tempo unilas e sumar ao seu repertorio nun espectáculo cargado de ilusións, ritmo, humor e moita moita moita tralla.

Rock 'n' Magic, dirixido por Fran Rei, é mais que un espectáculo de maxia; é un concerto de rock and roll. O Mago Teto, un dos mellores e máis populares magos do noso país, une o seu talento ao de Fer Risco na batería e Mon Orencio na guitarra, para construír un espectáculo onde a maxia convive con algúns dos clásicos do rock and roll.

Aparicións sorprendentes, xogos de adiviñacion e pequenas e grandes ilusións máxicas comparten protagonismo coa música rock. Led Zeppelin, Bob Dylan,Los Suaves e infinidade de rock stars están presentes neste espectáculo a través dunha banda en directo que son o complemento perfecto á maxia de Mago Teto.

Unha gran posta en escena, unha iluminación espectacular, participación do público, humor, maxia son os elementos que fan de Rock and Magic un espectáculo único, posiblemente a experiencia teatral máis parecida a un concerto de rock.

Cando:

Domingo, 13 de Abril de 2025

Lugar:

Auditorio Municipal do Concello

Horario:

18:00 h

Prezo:

5 €

As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):

A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com

Na Librería Libros para soñar (Rúa Triunfo 1, baixo, Vigo), en horario de luns a venres de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:30 a 13:30 horas.

O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles).

Máis información:

Fecha actualización del contenido:

2025-02-21 00:00
Fuente de los datos: Axenda de Vigo
Lugar:
Auditorio Municipal do Concello