MAGO RAFA: “IMPOSIBLE!?”Procedencia: GaliciaXénero: maxia familiarIdade recomendada: familiarDuración: 60 minutosIdioma: galegoPrezo da entrada: 5 €
Descrición:Hai palabras que semellan ter só un significado… pero a maxia encárgase de demostrar que non sempre é así. A palabra Imposible pode soar a límite, a final do camiño. Mais tamén pode ser o comezo de algo marabilloso.
En “Imposible!?”, o Mago Rafa convida a toda a familia a descubrir que detrás de cada “non se pode” agochase unha sorpresa, un sorriso e, ás veces, un milagre. A través de efectos visuais, humor e moita participación, nenos e maiores vivirán unha experiencia máxica onde o imposible se converte en posible… e o posible, en pura ilusión.
Un espectáculo para crer, imaxinar e lembrar que a maxia non está só nas mans do mago, senón tamén nos ollos de quen se atreve a soñar.
Cando:
Domingo, 15 de Marzo de 2026
Lugar:
Praza do Rei 1
Horario:
18:00 h
Prezo:
As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes): • A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com • Na Papelería Folder Progreso (Rúa Progreso, 22, Vigo), en horario de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:30 h. • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)


