21 vania es lg
Fecha de inicio:
21/11/2025
Fecha de fin:
21/11/2025
Hora estimada:
20:00
Info:

Machi Salgado: O Espírito de Vania

Procedencia: GaliciaXénero: teatroIdade recomendada: adulto (+14)Duración: 85 minutosIdioma: galegoPrezo da entrada: 8 €

Ficha técnica e artística:Dirección: Carlos Álvarez-OssorioInterpretación: Machi SalgadoEspazo sonoro e música en escena Rubén AbadDramaturxia: Carlos Álvarez-ossorio e Machi SalgadoRevisión lingüística: Fran GodónAxudante de dirección: Rubén PortoAsesoría de movemento Alba blancoDeseño gráfico  e fotografía: Diego SeixoVídeo promocional: Fon CortizoPrensa e Comunicación: Aberto RamosProdución : Escénate, Kante producciones e Machi Salgadodistribución: Escénate e Machi Salgado

Sinopse:Un actor e un músico entran nun espazo en ruínas. Os espíritos dos personaxes do Tio Vania de Chekhov habitan o corpo do actor para contar a súa historia, intentando entender o que aconteceu naquel lugar, unha vella casa galega onde a rutina, os desexos non correspondidos e os soños rotos marcan o paso do tempo. Un afondamento na capacidade de resistencia do ser humano e na súa desconexión coa terra e a natureza. Unha proposta intimista con música en directo na que conviven o tráxico e o cómico e onde cada elemento da escena ten vida propia.

Chékhov segue sendo un autor contemporáneo que nos interpela directamente, e Tío Vania é unha obra á que sempre vale a pena volver. O noso reto é contar esta  historia dunha maneira persoal e renovada, cunha mirada  libre de prexuízos, coma se descubrísemola por primeira vez.

Queremos que o público máis novo atope nela unha voz  actual e que quen coñeza a obra descubra novos matices. A través de Tío Vania, conectamos coas inquietudes do  mundo actual e da sociedade galega: a crise dun sistema que se esgota, o feminismo, o ecoloxismo, as desigualdades  sociais ou a precariedade económica. Chékhov observa o  colapso da súa época desde a intimidade, convertendo a crise  do sistema nunha crise persoal.

A aparente sinxeleza da obra esconde múltiples capas e  lecturas. Cada nova lectura ofrece unha perspectiva distinta, facendo que Tío Vania sempre sexa unha obra por descubrir.

 

Cando:

Venres, 21 de Novembro de 2025

Lugar:

Praza do Rei 1

Horario:

20:00 h

Prezo:

8 €

As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):

    • A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com    • Na Librería Libros para soñar (Rúa Triunfo 1, baixo, Vigo), en horario de luns a venres de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:30 a 13:30 horas.    • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)

 

Fecha actualización del contenido:

2025-10-26 21:01
Fuente de los datos: Axenda de Vigo
Lugar:
Praza do Rei 1