Luz Casal
Me voy a permitir
Luz Casal presenta de xira o seu novo álbum, "Me voy a permitir". O traballo máis ecléctico e inclasificable da súa carreira, déixase levar revelando dez facetas, tantas como cancións: dez actitudes, dez perspectivas, dez xeitos de entender o mundo. Móvese coa liberdade de quen xa non ten nada que demostrar. Poñe as cartas sobre a mesa como gran dama da chanson francesa e voz contemporánea da canción latinoamericana. Como cronista do cotián e roqueira que nunca colgou os pantalóns de coiro. Como xa advertiu Pablo Guerrero: Luz pode acariciar como a seda ou rasgar como os cairos dun animal ferido. Capaz de cantar desde o despeito ou a esperanza, pícara ou luminosa, libérrima sempre.
Este novo espectáculo é unha ponte entre o pasado e o futuro, confirmando a súa dobre natureza de compositora intuitiva e talentosa e de intérprete excepcional, capaz non só de cantar senón de habitar as cancións, xa sexan súas ou alleas.
Sen preocuparse pola pirotecnia e o artificio, permítese non seguir outros sinais que os do seu propio instinto, unha liberdade que lle valeu a admiración do público, o respecto da crítica e a complicidade dos seus compañeiros, un triplo recoñecemento que se produce en raras ocasións.
Nome da xira: Me voy a permitir
Luz Casal
Tino di Geraldo
Jorge F. Ojea
Peter Oteo
JM Baldoma "Baldo"
Borja Montenegro
Cando:
Do 26 de Febreiro ata o 27 de Febreiro de 2026
Lugar:
Teatro Afundación
Horario:
20.30 h
Prezo:
Entradas en https://entradas.ataquilla.com


