7 madame lumiere es lg
Fecha de inicio:
16/02/2025
Fecha de fin:
16/02/2025
Hora estimada:
–:–
Info:

La Menuda Produccións: «Madame Lumière». ENTRADAS ESGOTADAS

CICLO: VIGOCULTURA

ESPECTÁCULO PARA PRIMEIRA INFANCIA

Procedencia: Cataluña

Xénero: música e danza para a primeira infancia

Idade recomendada: primeira infancia (0 a 4 anos)

Duración: 45 minutos

Idioma: sen texto, temas en varios idiomas.

Prezo de entrada: 3 €

Todas as persoas, incluídos bebés, pagarán entrada.

A organización recomenda no espazo de representación (escenario) só unha persoa adulta por neno/a ou grupos de neno/s. O resto do público poderá sentarse de balde no patio de butacas, con visibilidade reducida, ata completar capacidade.

Ficha técnica e artística:

Intérpretes:

 Vixiante da noite: Faló Garcia i Pellejà

Madame Lumière: Aina Sánchez / Anna Castells

Layla: Jana Noguera

Piano, saxo e voz: María Cruz

Violoncello: Edgar Casellas 

Autoría e dirección artística: Faló Garcia i Pellejà

Dirección escénica: Anna Castells

Escenografía: Fanny Espinet e David Faüchs

Vestiario: Sílvia Jou

Dirección Musical: Maria Cruz

Iluminación: Jan Verdú

Produción: La Menuda Produccions

Distribución: Kandengue Arts

Descrición:

O crepúsculo cos últimos raios de luz do día entra no teatro. Entre a escuridade e as cores avermelladas, alaranxandas e azuis, irán aparecendo grilos e melodías clásicas que darán a benvida á noite. As estrelas chiscarannos o ollo e as luces cálidas dos fogares abriranse, mentres os máis pequenos da casa, a ritmo dunha sutil melodía, pecharán os ollos entrando nun soño doce e profundo. É nesemomento cando chega “Madame Lumière”. Esta encargarase de dar vida aos soños ao longo de toda a noite: soños en mares profundos, soños de nenez, soños en carpas de circo… e mesmo nalgún pesadelo.

Madame Lumière é un espectáculo pluridisciplinar (música, danza, escena e luz) que nos abocará, a través dunha viaxe onírica, a emocionarnos a partir da poesía visual.

Este estará enmarcado cun delicioso ambiente sonoro e unha banda sonora que foxe da infantilización da música. Unha homenaxe á luz, a música e os soños.

Cando:

Domingo, 16 de Febreiro de 2025

Lugar:

Auditorio Municipal do Concello

Horario:

Pases: 12:00, 16:30, 18:00

Prezo:

3 €

ENTRADAS ESGOTADAS

Máis información:

Fecha actualización del contenido:

2025-02-06 15:31
Fuente de los datos: Axenda de Vigo
Lugar:
Auditorio Municipal do Concello