Fecha de inicio:
01/03/2026
Fecha de fin:
01/03/2026
Hora estimada:
23:59
Lugar:
Praza do Rei 1
Info:

La Menuda: «Lumiero». ENTRADAS ESGOTADAS

LA MENUDA: “LUMIERO”AFORO SÚPER REDUCIDO EN ESCENARIO.Procedencia: CataluñaXénero: espectáculo musical e xestual para a primeira infanciaIdade recomendada: primeira infancia (+2 anos) e familiasDuración: 40 minutosIdioma: sen texto, linguaxe universal (xestual e musical)Prezo da entrada: 3 €

Todas as persoas, incluídos menores de calquera idade, pagarán entrada.

A organización recomenda no espazo de representación (escenario) só unha persoa adulta por neno/a ou grupos de neno/s. O resto do público poderá sentarse de balde no patio de butacas, con visibilidade reducida, ata completar capacidade.

Ficha técnica e artística:Dirección artística: Faló Garcia i PellejàCreación: Pere HostaDirección escénica e coreografía: Anna CastellsDirección musical e composición: Maria Cruz Millet e Faló Garcia i PellejàIntérpretes: Pere Hosta – Lumiero (pallaso) / Jana Noguera – Lumina (actriz e bailarina) / Faló Garcia i Pellejà – Voz, guitarra e percusión / Maria Cruz Millet – Piano, saxo, acordeón e voz / Edgar Casellas – VioloncheloDeseño de luces: Jan VerdúEscenografía: Fanny Espinet e David Faüchs (Art Estudi)Vestiario: Sílvia JouVídeo: Albert BlanchCoprodución: Festival Temporada Alta e La MenudaDistribución: Kandengue Arts

Sinopse:Lumiero é un espectáculo visual e musical pensado para a primeira infancia. O seu protagonista, Lumiero, vive rodeado de pequenas luces e sombras que cobran vida. Xunto á súa filla Lumina, exploran un mundo tenro onde os obxectos brillan e a música acompaña cada movemento. Sons creados con instrumentos, xoguetes e dispositivos que constrúen unha atmosfera máxica e tranquila.

Lumiero é unha homenaxe á Luz, á Música, á imaxinación e ao bo humor: un espectáculo entrañable no que a luz xoga a ser un conto e o conto convértese en realidade. Benvidas e benvidos ao Universo Lumiero.

 

Cando:

Domingo, 1 de Marzo de 2026

Lugar:

Praza do Rei 1

Horario:

Funcións: 12:30, 16:30 e 18:00 h

Prezo:

As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):    • A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com    • Na Papelería Folder Progreso (Rúa Progreso, 22, Vigo), en horario de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:30 h.    • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)

Fecha actualización del contenido:

2026-02-17 13:46
Fuente de los datos: Axenda de Vigo