KOKORO JAPAN EXPO é un evento dedicado á promoción e difusión da cultura xaponesa e o entretemento asiático, consolidado como un dos principais encontros temáticos do noroeste peninsular. Celebrado en Vigo, reúne durante dúas xornadas unha ampla programación orientada a todos os públicos, combinando tradición e cultura xaponesa con anime, manga, cosplay, videoxogos, música, exhibicións, talleres e actividades participativas nun espazo de máis de 10.000 m².
O evento ten como obxectivo achegar Xapón desde unha perspectiva cultural, artística e de lecer, fomentando ademais o encontro entre afeccionados, creadores, asociacións, artistas e profesionais do sector.
Cando:
Do 4 de Xullo ata o 5 de Xullo de 2026
Lugar:
IFEVI (Instituto Feiral de Vigo)
Horario:
Información en ifevi.com
Prezo:
Información en ifevi.com


