CICLO: VIGOCULTURA
Procedencia: Castela-León
Xénero: teatro de monicreques musical
Idade recomendada: a partir de 4 anos
Duración: 65 minutos
Idioma: castelán
Prezo de entrada: 5 €
Ficha técnica e artística:
Dirección:David Galeano
Creación: David Galeano e Pilar Borrego
Música orixinal: Chloé Bird
Textos e cancións: Raúl Vacas
Texto orixinal do conto: Tina Meroto
Adaptación do conto: Raúl Vacas, Pilar Borrego, David Galeano
Actores e manipuladores: Pilar Borrego, Víctor Cerezo, Alfonso Peña
Deseño e construción de monicreques: Alejandro Lucas
Deseño de escenografía: Eusebio San Blanco
Deseño de audiovisuais: Katua&Galea Teatro, Arturo Ledesma
Vestiario: Ramona Malmierca, Teresa Sánchez
Narracións: Pau de Nut
Iluminación, son e vídeo: Laura Rodríguez, Alberto Gómez / Daniel Cuadrado
Asistente de actores e substitucións: Álex Regalado
Produción: Katua&Galea Teatro, Junta de Castilla y León
Deseño de publicidade: Patricia Sánchez
Vídeo promocional: Virtudes Mesonero
Fotografía: Tom Nogales
Grazas á editorial OQO
Descrición:
Inspirada nos clásicos contos de bruxas e no folclore, esta produción da compañía Katua&Galea Teatro achégate a un mundo misterioso e cheo de perigos, no que tres valentes irmáns desatenden as advertencias da súa nai e penétranse nun bosque escuro onde descobren unha casa na que vive unha bruxa. Alí os tres protagonistas terán que enfrontarse aos seus medos para poder escapar.
A música e a aventura cobran vida no escenario con este emocionante e cativador espectáculo de monicreques "La Bruja Rechinadientes", cuxa trama se desenvolve no medio de sombras e claroscuros, a través dunha viaxe emocionante cara ao descoñecido. A impresionante escenografía, uns monicreques asombrosos e unha serie de efectos audiovisuais e lumínicos son os ingredientes deste espectáculo que che mostrará o inquietante universo das bruxas. E todo iso, cunha incrible banda sonora que poderás escoitar despois do espectáculo a través dun código Qr.
Prepárate para vivir un mundo máxico e misterioso con "La Bruja Rechinadientes", unha adaptación libre do conto homónimo publicado pola editorial OQO e na que se abordan temas universais como o medo, a valentía e a astucia.
Unha rata con catro ollos e un peixe con ás froito duns conxuros errados, tres irmáns e a súa nai, uns veciños que sempre están a criticar, tres esqueletos co seu coro de baile e a bruxa Rechinadientes. Todos estes personaxes aparecen en escena nun espectáculo que te seducirá e co que o pasarás de medo.
Cando:
Domingo, 23 de Febreiro de 2025
Lugar:
Auditorio Municipal do Concello
Horario:
18:00 h
Prezo:
5 €
As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):
A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com
Na Librería Libros para soñar (Rúa Triunfo 1, baixo, Vigo), en horario de luns a venres de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:30 a 13:30 horas.
O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)
Máis información: