JAVIER ARIZA: “CARMAN”Procedencia: MadridXénero: circo clownIdade recomendada: familiarDuración: 55 minutosIdioma: castelán
Ficha técnica e artística:Autoría: Javier ArizaDirección: Aitor BasauriIntérprete: Javier ArizaAdaptación: Rubén RíoDramaturxia: Javier ArizaEscenografía: Jairo Fuentes e David CabezosDeseño iluminación: Javier ArizaTécnico iluminación: Miguel PérezDeseño vestiario: Elisa Sanz e Begoña Simón BlancoSon: Miguel Pérez
Premios:Mellor espectáculo de rúa de Ciudad RodrigoPremio Panorama Circada NosolocircoPremio Panorama Circada Puça EspectaclesPremio MAE (Mellor espectáculo Mostra artes do sur)Premio Alcides Moreno á obra máis divertida
Sinopse:Nun mundo onde impera a razón, só os soñadores sobreviven, e que mellor ca un valente idiota para soñar alto. CARMAN transforma a rúa e devólvea aos seus habitantes a través dun espectáculo único, onde un coche icónico, un Seat 600, adquire personalidade ata acabar realizando unha impresionante rutina que o levará a recuperar o posto na historia que nunca debería ter perdido.
CARMAN é unha comedia de rúa para un showman e un Seat 600, un divertido espectáculo para todos os públicos no que un coche icónico na mobilidade cobra vida e acabará por conducir sen condutor nunha rutina musical e circense que pode levalos a Eurovisión.
Cando:
Venres, 30 de Xaneiro de 2026
Lugar:
Praza da Porta do Sol 1
Horario:
19:00 h
Prezo:
Entrada libre


