90 minutos
Co seu anterior espectáculo "Cómo conocí a mi suegra" Ismael e Isa levaron as súas andanzas domésticas e de parella por teatros de toda España.
Rímonos con eles e a súa forma de entender que as dificultades da parella levanse mellor cunha boa dose de humor.
Agora a vida ponlles outra proba: acaban de ter un bebé. O que antes era unha convivencia complicada agora é un descontrol absoluto, o que antes era difícil, agora parece imposible. Cando case aprenderan a vivir en parella, danse conta de que son un trío. Os influencers que antes anunciaban xoguetes sexuais, agora anuncian cueiros. MADRE MÍA!!
Pero por moi serio que sexa iso de ser pais, Ismael e Isa saben sacarlle a toda a broma. Todo se complicou bastante, pero son felices porque á fin e ao cabo iso é o que máis lles gusta: complicarse a vida e rirse de todo.
Cando:
Venres, 19 de Setembro de 2025
Lugar:
Teatro Afundación
Horario:
22.30 h.
Prezo:
Venda de entradas en https://entradas.ataquilla.com


