II XORNADAS «COÑECENDO AS EMOCIÓNS»
Envellecemento Significativo: Emocións, Propósito e Resiliencia
Nunha sociedade cada vez máis lonxeva, repensar o envellecemento implica recoñecer o valor do propósito, a resiliencia e a capacidade de adaptación aos desafíos vitais nesta etapa. Esta Xornada, na súa primeira parte, reúne a achega académica de Anja Machielse, referente no estudo da soidade e o significado na vida, e a visión experta da directora xeral do IMSERSO, M. Teresa Sancho, sobre as tendencias demográficas e implicacións no marco estratéxico europeo. Na segunda parte do encontro danse a coñecer os resultados e experiencias da rede «Coñecendo as Emocións», impulsada por Afundación e Matia Instituto, co obxectivo de situar as emocións, o benestar e o sentido vital no centro do bo envellecer.
Esta xornada está dirixida a profesionais e estudantes dos ámbitos social e sanitario, entidades que contemplen unirse á rede e calquera persoa interesada en repensar a vellez desde unha mirada positiva, que incorpore as fortalezas, o propósito e a conexión cos demais
Colaboran co programa «Coñecendo as Emocións» as seguintes entidades: ADCOR, AFAGA, AGADEA, AFAMON, AFAPO, AFAOR, ATEGAL, ALCER, COGAMI, CRUZ VERMELLA (GALICIA E COMUNIDADE DE MADRID), CONTIGO, MIMOSAS, MOREA, O TEMPO É NOSO, SUMMA HUMANITATE, SAN CAMILO.
PROGRAMA
9.15 h Acreditacións
10.00 – 10.15 h Apertura institucional
Pedro Otero, director xerente de Afundación
PRIMEIRA PARTE
10.15 – 10.45 h Conferencia inaugural: «Ageing is Living (Envellecer é vivir): marco estratéxico europeo para un bo envellecemento»María Teresa Sancho, directora xeral do Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO)
10.45 – 11.45 h Conferencia marco: «Envellecemento significativo e resiliencia: claves para o benestar emocional na vellez»Anja Machielse, catedrática de Humanismo e Resiliencia Social e profesora emérita na Universidade de Estudos Humanísticos de Utrech
11.45 – 12.15 h Pausa café
SEGUNDA PARTE
12.15 – 13.00 h Mesa redonda: «Coñecendo as emocións. Voces de participantes: homes maiores e o desafío da expresión emocional no programa»Participan: Miguel Ángel Quintás (ALCER) | Vicente Lorenzo Barreira (Espazo +60 Vigo) | Xaime Manuel González (Espazo +60 Santiago) | Emilio Santiago (Espazo +60 A Coruña)..Modera: Alba Sánchez (Agadea)Presenta resultados: Xosé Luis Liñares (Afundación)
13.00 – 13.45 h Mesa redonda: «Emocións en contornas de coidado: a adaptación do programa e o seu impacto en residencias e centros de día»Graciela Créstar (ADCOR) | Patricia Martínez (COGAMI) | María Valiño (O tempo é noso) | Eva Fernández (Mimosas).Modera: Lucía Gil (Contigo)Presenta resultados: Sara Marsillas (Matia Instituto)
13.45 – 14.00 h Conclusións: «A rede Coñecendo as emocións: un modelo de colaboración interinstitucional para promover o benestar no envellecemento»Sabela Couceiro, coordinadora de Maiores de AfundaciónMercedes Garnelo, coordinadora do programa Emocións
Cando:
Luns, 16 de Marzo de 2026
Lugar:
Teatro Afundación
Horario:
10.00 h
Prezo:
Reservas en https://entradas.ataquilla.com


