Comedia musical baseada nunha película dos anos 60. A acción transcorre na década dos anos 50, no barrio máis marxinal e miserable de Nova York, onde está situada a floraría Mushnik, cuxa propietaria é unha muller estranxeira. Un dos seus empregados (Seymour), comeza a criar unha estraña e interesante planta que acaba de comprar. Entre el e a outra empregada (Audrey) convencen á dona para que expoña a planta no escaparate e, a partir dese momento, o éxito chega á floraría.
Duración aproximada 100 minutos. Idioma: castelán. Dirixida a maiores de 10 anos.
Cando:
Sábado, 16 de Maio de 2026
Lugar:
Praza do Rei 1
Horario:
20:00 h
Prezo:
Billeteira inversa


