Fecha de inicio:
05/06/2026
Fecha de fin:
07/06/2026
Hora estimada:
23:59
Lugar:
IFEVI (Instituto Feiral de Vigo)
Info:

I Feira do coche de ocasión 2026

Chega a IFEVI a primeira edición da Feira do Coche de Ocasión Vigo, un novo salón dedicado ao vehículo usado e de ocasión que se celebrará os días 5, 6 e 7 de xuño nas instalacións do Recinto Feiral de Vigo.

Durante tres xornadas, o evento reunirá a oferta de concesionarios oficiais de automóbiles e empresas especializadas na compravenda de vehículos, que porán a disposición do público unha ampla selección de vehículos de quilómetro cero e ocasión, con centos de unidades listas para a súa entrega inmediata.

A Feira do Coche de Ocasión nace como unha grande oportunidade para todas aquelas persoas que buscan cambiar de coche antes da época estival, coas mellores condicións do mercado. Os visitantes poderán atopar practicamente todas as marcas do mercado, modelos e prezos, coa comodidade de comparar múltiples opcións nun mesmo espazo e acceder a ofertas especialmente pensadas para a ocasión.

Cando:

Do 5 de Xuño ata o 7 de Xuño de 2026

Lugar:

IFEVI (Instituto Feiral de Vigo)

Horario:

Información en ifevi.com

Prezo:

Información en ifevi.com

Fecha actualización del contenido:

2026-05-25 19:46
Fuente de los datos: Axenda de Vigo