16 galitoon es lg
Fecha de inicio:
16/03/2025
Fecha de fin:
16/03/2025
Hora estimada:
18:00
Info:

Galitoon: «Rosalía, a pulga que escribía»

CICLO: VIGOCULTURA

Procedencia: Galicia

Xénero: teatro de obxectos (monicreques)

Idade recomendada: a partir de 2 anos

Duración: 60 minutos

Idioma: galego

Prezo de entrada: 5 €

Ficha técnica e artística:

Dirección: Chisco Casteleiro

Elenco / Manipuladores: Jona García (Rosalía, Sra.Toupa, Sra. Ovella, Xirafa Rafa, Mr. Elefante) / Chisco Casteleiro (Bruno)

Guión: Andrea Bayer

Descrición:

Espectáculo orixinal da serie de Clan tv ; Tutú de Ficción producciones.

Galitoon continúa así coa súa constante experimentación: nesta nova peza cambia de estilo no deseño de arte e cambia a técnica de manipulación "co teatro de xoguetes", sen esquecer o seu selo propio. Rosalía conta un conto sinxelo pero tremendamente sedutor para os nenos:

Esta é a historia dunha pulga moi pequena que se chama Rosalía.

Todos os días escribe unha carta, métea nun sobre e lla entrega ao carteiro motorizado, Bruno, o Canguro.

Cada carta ten un destinatario peculiar: unha toupa que non ve, unha ovella que non sabe ler, unha xirafa que perdeu os seus lentes e un elefante que só fala en inglés.

A mensaxe das cartas é igual para todos: “Na vindeira lúa chea, festa na casa de Rosalía.”

A lúa chea aproxímase e todos van recibindo a súa invitación.

Todos menos Bruno. Por que?

Cando:

Domingo, 16 de Marzo de 2025

Lugar:

Auditorio Municipal do Concello

Horario:

18:00 h

Prezo:

5 €

As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):

A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com

Na Librería Libros para soñar (Rúa Triunfo 1, baixo, Vigo), en horario de luns a venres de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:30 a 13:30 horas.

O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)

Máis información:

Fecha actualización del contenido:

2025-02-14 00:00
Fuente de los datos: Axenda de Vigo
Lugar:
Auditorio Municipal do Concello