TOON STORY: a gran aventura musical do cinema de animación
A Film Symphony Orchestra (FSO), a orquestra máis peliculera do país, aterra no Auditorio Mar de Vigo con TOON STORY, en Vigo. O venres, 9 de xaneiro – 20:00h. Unha vibrante homenaxe ás bandas sonoras que marcaron a xeracións.
Un espectáculo para emocionarse en familia.
Non é só un concerto: é unha experiencia audiovisual inmersiva para rir, cantar e emocionarse. Revive a maxia de Aladdín, Pocahontas e A Bela e a Besta; sente a emoción do Rei León, Toy Story e Shrek; e vibra coa épica de Como adestrar ao teu dragón, Kung Fu Panda ou A princesa Mononoke.
Máis de 70 artistas en directo.
Posta en escena espectacular con 70 artistas – músicos e cantantes – baixo a carismática batuta do director e divulgador musical Constantino Martínez-Orts.
Un programa cheo de éxitos
O Rei León, Shrek, A Bela e a Besta, Como adestrar á túa dragón, Aladdín, A princesa Mononoke, Toy Story, Kung Fu Panda, Pocahontas, Anastasia, Monstros S.A., Chicken Run, Os Incribles, Ice Age, Pesadelo antes de Nadal, Tom e Jerry, E moitas máis!
Información importante
Menores: non se recomenda a asistencia de menores de cinco anos.
Aviso: uso de efectos de luz estroboscópica. Non recomendado para persoas fotosensibles.
Cando:
Venres, 9 de Xaneiro de 2026
Lugar:
Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo
Horario:
20.00 h
Prezo:
Entradas en https://www.teuticket.com


