FRAN SIEIRA, COMPAÑÍA DE DANZA: “BENQUERER, FRAN SIEIRA BÁILALLE A CAAMAÑO&AMEIXEIRAS”DÍA INTERNACIONAL DA DANZAProcedencia: GaliciaXénero: danzaIdade recomendada: adultoDuración: 50 minutosIdioma: galegoPrezo da entrada: 10 €
Ficha técnica e artística:Autoría/coreografía: Fran SieiraDirección artística: Fran SieiraAcompañamento de dirección: Colectivo VACAburra (Gena Baamonde)Acompañamento de movemento: Colectivo VACAburra (Andrea Quintana)Bailador: Fran SieiraMúsica: Caamaño&AmeixeirasVestiario: Érica OubiñaDeseño iluminación: Fidel VázquezTécnico de son: Isaac MillánTécnico de luces: Fidel Vázquez
Sinopse:Benquerer, querer ben ou quererse ben son algúns dos termos nos que afonda o novo espectáculo de Fran Siera Compañía de Danza, o primeiro só de danza da compañía no que o propio Fran Sieira como intérprete está acompañado da música en directo do dúo Caamaño&Ameixeiras.
Desde un punto de vista case autobiográfico, a peza cuestiona que é quererse ben e formula algunhas preguntas: é posible benquerer a outras persoas se non nos queremos? Algunha vez antepoñemos benquerer ás outras, antes ca nós? Ata que punto a benquerenza é real se non vai acompañada de amor e respecto propio?
Desde as marxes e sempre con perspectiva de xénero esta nova proposta de Fran Sieira ofrece o resultado dun proceso creativo persoal e íntimo onde, a través do propio relato, convídanos a reflexionar sobre a importancia do autocoidado, o amor propio e o respecto a un mesmo.
MEDIDAS ACCESIBILIDADE:Co obxecto de seguir avanzando en medidas de accesibilidade nos recintos públicos, o Concello e maila compañía ofrecen a posibilidade de butacas preferentes (prazas limitadas) coa seguintes medidas:
Bucle magnético individual. Mochilas vibratorias. Intérprete de LSE Folleto coas letras das cancións. Paseo táctil previo. Folleto en braille.
As persoas interesadas deberán cumprimentar o formulario para reserva das butacas no seguinte enlace: https://forms.gle/Z6ZPGKd2abmYoKtX8
As localidades serán adxudicadas cando reciban un correo electrónico de confirmación coas indicacións para recoller as entradas. Para dúbidas ou consultas poden contactar no 619920335 ou a través de comunicacion@urdime.net
Cando:
Sábado, 25 de Abril de 2026
Lugar:
Praza do Rei 1
Horario:
20:00 h
Prezo:
As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes): • A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com • Na Papelería Folder Progreso (Rúa Progreso, 22, Vigo), en horario de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:30 h. • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)


