"Rodrigo Riveiro. Arte no refugallo"O ourive Rodrigo Riveiro, artífice da marca de xoiería "Ferraxes de prata", Premio Artesanía de Galicia en 2017 e Premio Antonio Fraguas en 2020, destaca pola creación de pezas únicas a partir de materiais de refugallo.Nesta conferencia contaranos como foron os seus inicios antes de ser xoieiro, como comezou co seu obradoiro e tamén como é o proceso de creación das súas xoias, centrándose na colección Louza, que realiza reciclando louza e cerámica rota ou estragada, creando con prata o engarce que a xungue nun proceso totalmente artesanal.Presentado por Sandra de Jesus (mestra de Ourivaría da EMAO)Data: 16 de xaneiro de 2026Hora: 19.00hLugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de VigoEntrada libre ata completar aforo.Máis información: https://emaonlinecovid.blogspot.com/
Cando:
Venres, 16 de Xaneiro de 2026
Lugar:
Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO)
Horario:
19.00 h.
Prezo:
Entrada libre até completar aforo


