"Nesta casa hai un artista. Tributo aos irmáns Álvarez Blázquez"A exposición Serigrafía Galega 1971 reuniu no seu día a 19 artistas plásticos galegos, nomes que hoxe son ineludibles na historia da pintura galega.Como colofón á exposición "Serigrafía galega 1971. Tributo aos irmáns Álvarez Blázquez", que a EMAO -en colaboración coa asociación Legado Activo Beiras Cal (LABC)- programou no Espazo EMAO ata o vindeiro venres día 5 de xuño, neste Venres da EMAO achegarémonos a eles -coa secretaria do LABC, Carme Varela- a través da ollada de especialistas e familiares que nos falarán sobre o momento creativo no que se atopaban cando se embarcaron na aventura de protagonizar a primeira colección de serigrafía da arte galega.Presentado por Darío Basso e Alba Pardo (comisarios da exposición e mestres de Pintura e Serigrafía artística, respectivamente, da EMAO)Data: 29 de maio de 2026Hora: 19.00hLugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de VigoEntrada libre ata completar aforo.Máis información: https://emaonlinecovid.blogspot.com/
Cando:
Venres, 29 de Maio de 2026
Lugar:
Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO)
Horario:
19.00 h
Prezo:
Entrada libre até completar aforo


