"Castelao: un artista gráfico en Vigo"
O historiador José Luís Mateo Álvarez falaranos sobre a relación entre Castelao e Vigo a partir da súa obra artística, cultural, intelectual e política. A cidade como capital histórica da edición en Galicia e as colaboracións de Castelao na prensa de Vigo desde 1909, cando imprime os seus debuxos cómicos en Vida Gallega, e logo, desde xullo de 1922, os humorísticos no diario Galicia e despois en Faro de Vigo e o Xornal El Pueblo Gallego.
Presentado por Alba Pardo (mestra de Serigrafía artística da EMAO)Data: 17 de outubro de 2025Hora: 19.00hLugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo.
Máis información: https://emaonlinecovid.blogspot.com/
Cando:
Venres, 17 de Outubro de 2025
Lugar:
Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO)
Horario:
19.00 h
Prezo:
Entrada libre até completar aforo.


