CartazVdE210225P es lg
Fecha de inicio:
21/02/2025
Fecha de fin:
21/02/2025
Hora estimada:
19:00
Info:

EMAO: venres da EMAO «Adrián Pereiro. Un chelo, catro historias»

"Adrián Pereiro. Un chelo, catro historias"Adrián Pereiro toma contacto co mundo da luthería de xeito autodidacta. Cun proxecto arriscado e máis ilusión que maña, tenta a construción dunha zanfona. Descoñecemos cal foi o resultado daquela empresa, pero serviulle para que no seu interior rebulise o becho e a inquietude de construír instrumentos. Formado inicialmente na EMAO, continúa a súa aprendizaxe na escola vasca de luthería BELE asistindo ao mesmo tempo a diferentes cursos impartidos por mestres de referencia internacional. Completa a súa formación en Chipre co mestre Stepan Soultanian. Actualmente ten o seu obradoiro na Coruña, onde proporciona un servizo profesional, cálido e próximo a instrumentistas de corda fretada."Un chelo, catro historias" nace co obxectivo de poñer en valor unha serie de proxectos vencellados á cultura, á artesanía e ao rural, elaborando un violonchelo con madeiras de cada unha das catro provincias galegas. Detrás de cada táboa, unha historia, cos seus protagonistas, e co luthier e o seu traballo artesán como elemento conector desas historias. O proxecto tamén busca acadar información de carácter físico-acústico do instrumento para, de ser posible, abrir unha porta ao emprego de materia prima local na elaboración de instrumentos de corda fretada.Presentado por Xaime Rivas (Mestre de CAIM Zanfona da EMAO)Data: 21 de febreiro de 2025Hora: 19.00hLugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de VigoEntrada libre ata completar aforo.Máis información: https://emaonlinecovid.blogspot.com/

Cando:

Venres, 21 de Febreiro de 2025

Lugar:

Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO)

Horario:

19.00 h.

Prezo:

Entrada libre até completar aforo

Fecha actualización del contenido:

2025-02-18 00:00
Fuente de los datos: Axenda de Vigo
Lugar:
Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO)