Fecha de inicio:
13/02/2026
Fecha de fin:
27/03/2026
Hora estimada:
23:59
Lugar:
Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO)
Info:

EMAO: Exposición «Noiroeste. A Reserva Occidental» (VII Bienal de Artesanía en Coiro da EMAO)

"Noiroeste. A Reserva Occidental", representa a sétima edición da Bienal do Coiro que a EMAO organiza desde o ano 2013, consolidada xa como referencia obrigada neste ámbito da artesanía. A cada edición déuselle un enfoque singular que fixera visible a actualidade e percorrido desta especialidade artesá. Nesta edición, trabállase a idea da pegada do oficio no noroeste peninsular, unha referencia xeográfica consolidada e á altura doutras máis coñecidas e recoñecidas.Marroquineiros, zapateiros, guarnicioneiros, artistas do coiro, zoqueiros, trenzadores… Oficios que sobreviven no nordés, a reserva occidental que forman Galicia, Asturias, Castela e León e o norte de Portugal, e que desde hai algo máis de trinta anos viven un momento especial de traballo, creatividade, innovación e de compartir coñecementos.En febreiro de 2013 a EMAO comezou un proxecto que naceu como algo esporádico, pero que se consolida nesta sétima edición da “Bienal do Coiro” como unha cita imprescindible para coñecer máis e mellor o mundo do coiro. Desde hai 13 anos cada Bienal articúlase en catro ideas fundamentais:- Traer ao Espazo EMAO o traballo de artesáns de recoñecido prestixio para que o alumnado poida coñecelo de primeira man.- Dar a coñecer o traballo do alumnado e egresado da EMAO.- Dar a coñecer o traballo dos talleres e obradoiros artesáns locais.- Achegar ao público en xeral a realidade e variedade do traballo do coiro.Con esta sétima edición da "Bienal de Artesanía en Coiro", a artesanía máis próxima a Vigo, "a de quilómetro cero", visita a EMAO cos mellores artesáns do Noroeste da península ibérica. Unha nutrida representación de artesáns de Galicia, pezas que hai 25 anos marcaron un antes e un despois na maneira de entender o coiro, unha representación destacada dos oficios que manteñen vixente un material que segue vivo co tempo. 

Cando:

Do 13 de Febreiro ata o 27 de Marzo de 2026

Lugar:

Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO)

Horario:

De luns a venres de 19.00 a 21.00 h

Fecha actualización del contenido:

2026-02-09 12:45
Fuente de los datos: Axenda de Vigo