Fecha de inicio:
04/04/2025
Fecha de fin:
23/05/2025
Hora estimada:
–:–
Info:

EMAO: Exposición «Joyas de la raspa 1990-2025»

A EMAO está a homenaxear, cunha exposición por curso, aquelas iniciativas creativas, artísticas e artesás xurdidas, dalgunha maneira, do seu seo; especialmente aquelas que destaquen nalgún dos eixos sobre os que pivota a actividade educativa e cultural da EMAO: a excelencia técnica, a creatividade e a interdisciplinariedade.Neste curso temos o privilexio de poder amosar a obra dunha das máis salientables e exitosas realidades artísticas e empresariais que tiveron a súa orixe nas ensinazas e obradoiros da escola: a recoñecida marca "Joyas de la raspa"."En 1986, á beira do mar, comeza esta fermosa viaxe que ten moito que ver coa vida, co amor, co mar e coa ourivaría. Virginia R. Lorenzo e Miguel Sánchez-Cantón matriculáronse na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (daquela baixo o nome de Universidade Popular) en 1987 e 1988 respectivamente, para formarse na especialidade de Ourivaría. Atoparon aquí un modo de expresión, unha linguaxe tanxible por medio do metal para dar forma a súa creatividade. En 1989 naceu a colección "Raspa", emblema da marca ata hoxe, núcleo e fío condutor da súa xoiaría. Neste tempo, do seu taller naceron máis de duascentas coleccións, a maioría delas xoias de prata, pero tamén pezas de cerámica, coiro, madeira, etc. Todas as súas creacións, as colaboracións con outros artistas, as múltiples exposicións e os dous Premios Nacionais de Deseño recibidos entre outros, brindan a este oficio unha inmensa creatividade, un magnifico deseño e o gusto polo bo facer.Con esta exposición celebramos que Virginia e Miguel comezaron a súa andaina nesta casa, a EMAO, pero tamén o seu magnífico traballo que observamos a través das xoias de "Joyas de la raspa" dende os seus comezos ata os nosos días, exaltando aquelas obras que foron de gran importancia neste o seu camiño de vida, arte e oficio".Sandra de Jesus, mestra de Ourivaría da EMAOFICHA DA EXPOSICIÓNNome: Joyas de la raspa 1990-2025Lugar: Espazo EMAO. Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. (Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)Datas: do 4 de abril ao 23 de maio de 2025Horario: De luns a venres, laborables de 19.00 a 21.00 horasComisariado: Sandra de Jesús, mestra de Ourivaría, e Darío Álvarez Basso, mestre de Pintura.Artistas: Virginia R. Lorenzo e Miguel Sánchez-Cantón (Joyas de la raspa)Cartel e deseño gráfico: David de la IglesiaFotografías: Íñigo MartínProdución e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, Virginia R. Lorenzo e Ángel Escariz, 2025Axudantes de montaxe: Eduardo Sánchez Arteaga, Olivia Sánchez-Cantón e Félix Álvarez

Cando:

Do 4 de Abril ata o 23 de Maio de 2025

Lugar:

Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO)

Horario:

De luns a venres laborables de 19.00 a 21.00 h.

Fecha actualización del contenido:

2025-04-03 09:08
Fuente de los datos: Axenda de Vigo
Lugar:
Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO)