Fecha de inicio:
19/06/2026
Fecha de fin:
16/10/2026
Hora estimada:
23:59
Lugar:
Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO)
Info:

EMAO: Exposición «140 Escola de Artes e Oficios»

A Escola de Artes e Oficios de Vigo creouse en 1886 da man da Sociedade de Socorros Mutuos La Cooperativa, presidida por Manuel Diego Santos, coa axuda do seu presidente honorario, Eduardo Chao. A Escola viña cubrir a demanda dunha formación técnica para os obreiros, que poderían así perfeccionar os seus oficios ademais de completar a súa instrución básica. Comezou a súa andaina custeada polo esforzo persoal de particulares, pero non foi suficiente para o sostemento do centro. Así pois, en 1888, a Escola pasou a ser municipal; será o Concello de Vigo quen desde entón se ocupe do seu funcionamento e mantemento.Esta Escola tivo como primeira sede o número 3 da Rúa do Circo (hoxe rúa Eduardo Iglesias), nun edificio que, ante o constante aumento de matrícula, pronto quedou pequeno. No ano 1900, despois de 14 anos, a Escola abandona a sede da rúa do Circo para trasladarse ao edificio que actualmente ocupa, un encargo de José García Barbón ao arquitecto Michel Pacewicz.Para levar a cabo este proxecto, García Barbón doou os terreos, custeou o edificio e completou a súa doazón con material de ensino, maquinaria e libros para formar a biblioteca que aínda hoxe existe e que no seu momento foi a primeira biblioteca pública da cidade. Sempre coa convicción de que sería para o beneficio da clase obreira, a "cuxa instrución, cultura e progreso van unidos o progreso, adianto e cultura dos pobos".Con motivo do seu 140 aniversario, as once especialidades que se imparten actualmente na EMAO, e máis a Biblioteca, renden unha homenaxe á Escola a través de 12 obras que nacen dunha visión e análise interno, e que se formalizan de maneira artística, sen tanta institucionalidade.Honramos ás propias especialidades, aos 140 anos de vida, aos mestres e aos alumnos que por aquí pasaron; en definitiva, á nosa propia historia, a través de propostas que o alumnado dos distintos obradoiros materializaron con dedicación e oficio para levar a bo fin cada unha destas obras.FICHA DA EXPOSICIÓNNome: 140. Escola de Artes e OficiosLugar: Espazo EMAO. Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. (Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)Comisariado: Esther Quintas, mestra de Cerámica artística, e Sandra de Jesus, mestra de Ourivaría, da EMAO.Cartel: Federico Fernández, mestre de Debuxo artístico da EMAOImaxe cartel cedida por: DavidaProdución e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, 2026.Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez Arteaga.

Cando:

Do 19 de Xuño ata o 16 de Outubro de 2026

Lugar:

Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO)

Horario:

Inauguración venres 19 de xuño ás 19.30 h

De luns a venres, de 19.00 a 21.00 h (do 19 ao 30 de xuño e do 15 de setembro ao 16 de outubro)

De luns a venres, de 10.30 a 13.30 h (do 1 de xullo ao 14 de setembro)

Agosto pechado

Fecha actualización del contenido:

2026-06-16 20:00
Fuente de los datos: Axenda de Vigo