Xénero: teatro xestualIdade recomendada: a partir de 5 anosIdioma: galegoDuración: 45 minutosPrezo da entrada: 5 €
Ficha artística:Creación: María Torres e Gonçalo GuerreiroDirección de escena e escenografía: Gonçalo GuerreiroInterpretación: María TorresManipulación de obxectos: Mario RodríguezProdución de arte e deseño gráfico: Carolina DígueleComposición musical: Manuel FonteIluminación: Nacho MartínVestiario e Atrezo: Carolina DígueleFotografía: Vanessa Rábade
Sinopse:KYOKI é unha creación destinada ao público infantil e familiar a partir dos 5 anos. O espectáculo aborda a temática do esquecemento, da vellez e da soidade.
KYOKI significa “demencia” en xaponés e refírese a unha alteración da capacidade para recordar, pensar ou tomar decisións. É certo que adoita verificarse en persoas de idade avanzada, mais…Quen nunca esqueceu onde colocou a caixa das galletas? Ou por distracción vestiu o xersei do revés? Ou saíu de casa atrasado para o cole sen peitear o cabelo?
KYOKI é unha ollada cómplice, reflexiva e sensible ás experiencias que viven tanto as persoas que precisan ser coidadas como as propias coidadoras.
A través dunha linguaxe xestual fundamentada na manipulación de obxectos e na interacción constante co dispositivo escénico, o espectáculo crea un universo cómico e poético que viaxa do realismo á hipérbole da vida cotiá.
Cando:
Domingo, 24 de Novembro de 2024
Lugar:
Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei)
Horario:
18:00 h
Prezo:
5 € (venda en www.giglon.com e Librería "Libros para soñar")