Anastasia Makhamendrikova (piano), Aarón Zapico (director)
– Mozart: Concerto para piano no21
– Mozart: Sinfonía no 38 «Praga»
O programa de apertura de esta tempada constitúe unha verdadeira celebración da xenialidade de Wolfgang Amadeus Mozart, que estará dirixido por un verdadeiro especialista no repertorio barroco e clásico como é Aarón Zapico e que ademáis contará con unha solista tan cualificada para este repertorio como a pianista Anastasia Makhamendrikova. O concerto para piano no 21 é unha obra moi querida e amplamente recoñecida, célebre polo seu lirismo e sobre todo polo seu coñecidísimo segundo movemento que, a miúdo, é considerado unha das pasaxes máis fermosas xamais escritas para piano e orquestra. O programa completaráse coa Sinfonía no 38 «Praga» unha obra mestra enérxica e sofisticada que reflicte a madurez e o enxeño do compositor.
Cando:
Venres, 24 de Xaneiro de 2025
Lugar:
Teatro Afundación
Horario:
20.00 h.
Prezo:
Venda de entradas en https://entradas.ataquilla.com