Procedencia: Galicia e MadridXénero: monólogosIdade recomendada: adulto (+16)Duración: 75 minutosIdioma: galego/castelánPrezo da entrada: 10 €
Rafa Durán, presentador; monólogos de Arantxa Treus, Jazmín Abuín e Darío Mares
Sinopse:
Eche unha risa! é un espectáculo de monólogos presentado por Rafa Durán, que introduce a tres cómicos cun estilo persoal e unha visión única do humor:
• Arantxa Treus: actriz, cómica e mestra de cerimonias viguesa, activa desde 2009. É coñecida polo seu humor afiado e irónico, e polos seus espectáculos Os Monólogos da Treus, referentes na escena local.
• Jazmín Abuín: actriz, cantante e xornalista nacida en Vigo. Ten formación en artes escénicas e experiencia en musicais e series estatais (La que se avecina, Amar es para siempre). O seu monólogo mestura retranca galega con reflexións vitais.
• Darío Mares: cómico conquense afincado en Madrid. Premio ao "Monologuista revelación" en 2018, destaca pola súa mirada cómica á vida cotiá en espectáculos como Atroz ou Lo de las pelis.
Un espectáculo fresco, divertido e diverso, que mestura stand-up clásico, retranca galega e historias persoais co obxectivo de provocar unha boa risa colectiva.
Cando:
Sábado, 18 de Outubro de 2025
Lugar:
Praza do Rei 1
Horario:
20:00 h
Prezo:
8 €
As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):
• A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com • Na Librería Libros para soñar (Rúa Triunfo 1, baixo, Vigo), en horario de luns a venres de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:30 a 13:30 horas. • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)


