DE VACAS: “VACANAL SINFÓNICA”Procedencia: GaliciaXénero: músicaIdade recomendada: adulto e xuvenilDuración: 90 minutosIdioma: galegoPrezo da entrada: 12 €
Ficha técnica e artística:De Vacas: Inés Salvado, Faia Díaz, Paula Romero, Guillerme FernándezCoro da RaCuarteto de cordas: María José Pámpano, Macarena Montesinos, Carmen Gallego, ElenaVázquezCuarteto de Ventos: Benxamín Otero, Claudia Carballo, Roberto Rama, Pablo PascualArranxos musicais: Lucas ReyDeseño iluminación: As dúas e puntoTécnico de son: Manolo DouradoDeseño escenografía: As dúas e puntoDeseño vestiario: As dúas e puntoDirección de produción: Noa DíazDistribución: Kandengue Arts
Sinopse:Un novo espectáculo que conmemora o 10 aniversario do grupo cunha revisión sinfónica dos seus grandes éxitos. Un sorprendente achegamento da música orquestral ao universo vacún.
Do variado repertorio de De Vacas nace unha ópera en catro actos que abarca cancións, letras e vivencias.
Baixo unha dirección de escena coidada, descóbrese un mundo insólito que non por divertido e surrealista é menos serio e esplendoroso.
Para esta efeméride presentan unha proposta musical de gran formato con orquestra de luxo, creada para a ocasión, e un orfeón de gran renome: o Coro da Rá.
Unha ópera contemporánea que repasa a traxectoria musical de De Vacas.
Cando:
Sábado, 28 de Febreiro de 2026
Lugar:
Praza do Rei 1
Horario:
20:00 h
Prezo:
As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes): • A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com • Na Papelería Folder Progreso (Rúa Progreso, 22, Vigo), en horario de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:30 h. • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)


