«De Jerez a Vigo» é unha viaxe de descubrimento, de celebración e de amor pola vida.
Un espectáculo flamenco que nace da alma de dúas beiras: Jerez, berce do compás e a raza, e Vigo, terra de forza atlántica e corazón aberto.
Sobre o escenario, a arte faise carne para render tributo á muller valente, libre e eterna. A mulleres como Lola Flores, que coa súa voz e a súa amorne cambiaron a historia do flamenco; pero tamén ás grandes voces de Galicia, como Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán, faros de pensamento e poesía, que desde as súas palabras alzaron a dignidade, a intelixencia e a liberdade femininas.
Unha experiencia vibrante, enérxica e profundamente emocional, onde a danza, o cante, a guitarra e a palabra fúndense para crear unha celebración viva da feminidade empoderada e a tradición que camiña cara ao futuro.
Non é só flamenco, é memoria, identidade e revolución con bata de cola.
Cando:
Sábado, 18 de Outubro de 2025
Lugar:
Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo
Horario:
20.00 h
Prezo:
Venda de entradas en https://www.teuticket.com


