Fecha de inicio:
21/06/2026
Fecha de fin:
21/06/2026
Hora estimada:
12:00
Lugar:
Praza do Rei 1
Info:

Concerto Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo Kv2211-Concerto de Verán

A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211, celebra o seu concerto de Verán e o Día Europeo da Música o vindeiro domingo 21 de Xuño, ás 12:00 horas, no Auditorio Municipal do Concello de Vigo, sito na Praza do Rei. Este concerto forma parte da programación que a Orquestra está a desenvolver grazas á colaboración do Concello de Vigo.

Nesta ocasión actuarán as tres formacións. En primeiro lugar, a Orquestra Infantil dirixida por Raquel Fernández, a continuación a Orquestra Xuvenil, dirixida por José Manuel Fernández Rosado e para finalizar a orquestra Tutti dirixida por Raquel Fernández porá o broche de ouro a un concerto de película.

Cando:

Domingo, 21 de Xuño de 2026

Lugar:

Praza do Rei 1

Horario:

12:00 h

Prezo:

Entrada libre até completar aforamento

Fecha actualización del contenido:

2026-05-25 19:46
Fuente de los datos: Axenda de Vigo