O artista nigranés parará en Castrelos o sábado 15 de Agosto coa súa xira "Hoy X Ayer" na que está celebrando os seus 35 anos de carreira. Esta xira é un repaso pola súa discografía, desde Los Piratas ata os seus éxitos en solitario, onde poderemos escoitar as cancións que marcaron diferentes épocas nun mesmo escenario. Este evento fusionará a nostalxia dos seus himnos con Los Piratas, como "Años 80" ou "Promesas que no valen nada", e a vangarda que define a súa actual etapa en solitario, con temas como "Turnedo" ou "En las trincheras de la cultura pop".
Iván Ferreiro é o máximo expoñente do Indie-Rock en español e acumula máis de 700 mil oíntes mensuais en Spotify. A súa canción máis escoitada é "Turnedo" que supera os 58 millóns de reproducións e foi reversionada o ano pasado. Ademais, colaborou con artistas importantes do panorama nacional como Dani Fernández, Xoel López, Tanxugueiras ou Santi Balmes, o vocalista de Love of Lesbian.
Cando:
Sábado, 15 de Agosto de 2026
Lugar:
Auditorio de Castrelos
Horario:
22.00 h


