Philharmonic Ensemble
Membros da Orquestra Filarmónica de Viena
O Concerto de Aninovo de Viena volve a Vigo nunha edición matinal para toda a familia: unha oportunidade única para gozar, tan só uns días despois da súa interpretación na mítica Sala Dourada do Musikverein de Viena, da maxia deste evento que marca o inicio do aninovo e que seguen cada ano millóns de espectadores en todo o mundo.
O Philharmonic Ensemble, formado exclusivamente por solistas da Orquestra Filarmónica de Viena, ofrecerá un programa repleto de inesquecibles polkas, valses e marchas, que converteron este concerto en un espectáculo cativador e cheo de enerxía.
Ademais das obras inmortais da Dinastía Strauss, o programa incluirá soadas pezas de Johannes Brahms e Josef Hellmesberger, interpretadas cos instrumentos e a inconfundible técnica da Filarmónica de Viena.
Non faltarán xoias como El bello Danubio azul e a inconfundible Marcha Radetzky, coas que se dará a benvida ao novo ano da man dos seus auténticos intérpretes.
Baixo o nome de Philharmonic Ensemble, estes músicos traen a Vigo o inconfundible son vienés, ofrecendo unha mañá inesquecible, chea de tradición, excelencia e emoción musical.
Edición especial para todos os públicos, con prezos reducidos para menores de 6 a 18 anos.
Programa:
J. Strauss II – Unha noite en Venecia (Abertura)
J. Hellmesberger – Pequeño anunciante, Galop
J. Strauss II – Violeta, Polka francesa
J. Strauss II – Sangue lixeiro (Polka rápida)
Cando:
Sábado, 10 de Xaneiro de 2026
Lugar:
Teatro Afundación
Horario:
12.00 h
Prezo:
Entradas en https://entradas.ataquilla.com


