O portorriqueño Chayanne estará no auditorio de Castrelos o xoves 30 de xulio cantando tódolos seus grandes éxitos, como "Torero", "Bailando Bachata", "Dejaría todo" ou "Salomé".
Chayanne é un artista consolidado no xénero do pop latino a nivel internacional tras máis de catro décadas dedicadas á música. O portorriqueño vendeu máis de 50 millóns de discos ao longo da súa extensa carreira e ten 25 cancións que chegaron a ser número 1 nas listas deéxitos. O cantante internacional chega a Vigo coa súa xira "Bailemos otra vez" coa intención de facer bailar a todos os asistentes. As súas cancións acompañaron a varias xeracións, acumulando 16,1 millóns de oíntes mensuais en Spotify e máis de 300 millóns de reproducións. As súas xiras internacionais reúnen a miles de espectadores, consolidándose como un dos artistas latinos máis éxitosos en directo.
Cando:
Xoves, 30 de Xullo de 2026
Lugar:
Auditorio de Castrelos
Horario:
22.00 h


