Fecha de inicio:
08/07/2026
Fecha de fin:
08/07/2026
Hora estimada:
22:00
Lugar:
Auditorio de Castrelos
Info:

Concerto «Abraham Mateo» en Castrelos

Abraham Mateo está considerado un dos artistas máis internacionais xurdidos en España na última década. Iniciou a súa carreira sendo aínda un neno e consolidouse como unha das figuras máis destacadas do panorama musical actual grazas á súa potente voz e á súa capacidade para fusionar pop, música urbana e reggaetón.

Ao longo da súa traxectoria colaborou con artistas internacionais como Luis Fonsi, Becky G, Manuel Turizo, Ana Mena, Jennifer Lopez ou Sebastián Yatra, consolidando unha carreira de proxección internacional. Nas últimas semanas, Abraham Mateo xerou un importante impacto nas redes sociais co avance do seu novo tema xunto ao cantante arxentino Luck Ra.

Os seus concertos destacan polo seu alto nivel de produción, con espectáculos dinámicos, gran despregamento visual e unha combinación dos seus grandes éxitos coas súas novas cancións. O cantante acumula máis de 1,3 billóns de reproducións nos seus vídeos de YouTube e conta con 5,4 millóns de oíntes mensuais nas plataformas dixitais.

 

Cando:

Venres, 7 de Agosto de 2026

Lugar:

Auditorio de Castrelos

Horario:

22.00 h

Fecha actualización del contenido:

2026-06-04 17:09
Fuente de los datos: Axenda de Vigo