6 bromera es lg
Fecha de inicio:
08/02/2026
Fecha de fin:
08/02/2026
Hora estimada:
18:00
Lugar:
Praza do Rei 1
Info:

Cía. MeLaBuffa: «El profesor Bromera». ENTRADAS ESGOTADAS

Cía. MeLaBuffa: “EL PROFESOR BROMERA”Procedencia: CataluñaXénero: teatro visual con monicreques e burbullasIdade recomendada: a partir de 3 anosDuración: 55 minutosIdioma: castelánPrezo da entrada: 5 €

Ficha técnica e artística:Elenco/Actor-Manipulador: Agustí Sanllehí Beltran (El Professor Bromera)Guión e dirección: Eva María Jiménez García / Agustí Sanllehí Beltran (Cia MeLaBuffa)Produción Executiva: CarolBCDeseño e escenografía: LaNenadelosClicks / La Torneria de MuraFotografía: MeneDiaz PhotoVídeo / Tráiler: S. Morris Produccions

Sinopse:Hai lugares onde o tempo parece deterse e o aire respira misterios.

Nun laboratorio bañado por unha luz suave e murmurios líquidos, un científico entrañable convídanos a descubrir os segredos dun mundo invisible, onde a auga xoga a ser forma e o xabón, cor.

Todo comeza cun conto que se desprega entre voces e monicreques, onde cada personaxe é un latexo de emoción e cada xesto, unha invitación a imaxinar.

Aos poucos, as fronteiras entre quen mira e quen crea disólvense, e o público mergúllase nun xogo colectivo onde a curiosidade abre camiños e cada resposta achéganos máis ao descubrimento.

E cando cremos que xa o vimos todo, a sorpresa estala no aire: círculos que bailan, figuras que non deberían existir, formas que desafían a gravidade e a lóxica.

Un poema visual suspendido que acende a mirada e empapa a alma de marabilla.

Un espectáculo para deixarse levar, para redescubrir a fraxilidade como forza, e para lembrar que o máis simple, ás veces, é o máis extraordinario.

 

Cando:

Domingo, 8 de Febreiro de 2026

Lugar:

Praza do Rei 1

Horario:

18:00 h

Prezo:

As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):    • A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com    • Na Papelería Folder Progreso (Rúa Progreso, 22, Vigo), en horario de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:30 h.    • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)

Fecha actualización del contenido:

2026-01-31 15:40
Fuente de los datos: Axenda de Vigo