26 SOFA 3 es lg
Fecha de inicio:
26/04/2025
Fecha de fin:
26/04/2025
Hora estimada:
20:00
Info:

Cía martaalonsotejada: «Sofá»

CICLO: VIGOCULTURA

Día Internacional da Danza / Día Mundial do Circo.

Procedencia: Galicia

Xénero: danza-teatro-circo

Idade recomendada: adultos

Duración: 70 minutos

Idioma: galego

Prezo de entrada: 8 €

Ficha técnica e artística:

Interpretación e creación: Pablo Reboleiro e Marta AlonsoDirección e dramaturxia: Marcos PTTDirección de movemento e coreografía: Cía Sharon Fridman: Melania Olcina Yuguero, Arthur Bernard BazinEspazo sonoro: Mounqup, Pablo ReboleiroRealización de escenografía: José Perozo & Sandra CamaleaIluminación e Dirección Técnica: Ángel SousaProduce: Cía martaalonsotejada con Pablo ReboleiroAxuda á creación: Xunta de Galicia · Xacobeo 21-22Coproduce: Mostra Internacional de Teatro de RibadaviaColabora: Concello de Outes, Concello de Rianxo

Descrición:

A quen non lle gustan os domingos de sofá e manta? e de sofá e peli?

A Marta e a Pablo, que se coñeceron bailando, con todo, vanlles máis as tardes de sofá e danza. De sofá e de teatro. De sofá e circo. De sofá e música. Son, poderíase dicir, unha parella normal… pero non. Porque… a quen se lle pode ocorrer que os problemas de desconexión pódense solucionar facendo un espectáculo de danza cun sofá?

Marta Alonso e Pablo Reboleiro, desde logo, van tentalo. Porque as tardes en parella son para pasalas facendo o que a un máis lle gusta; e se é bailar, pois haberá que bailar. E se é dar pinchacarneiros, pois haberá que saltar e dar pinchacarneiros. E se é cantar, pois haberá que facelo forte e alto para que o escoite todo o público. E emocionarse, emocionarse moito; que con iso soña a arte cando se bota a durmir nas tardes de sofá e sesta.Sofá é unha sitcom de danza, con teatro, circo e música en directo que fala dunha parella que podería ser a túa.

Cando:

Sábado, 26 de Abril de 2025

Lugar:

Auditorio Municipal do Concello

Horario:

20:00 h

Prezo:

8 €

As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):

A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com

Na Librería Libros para soñar (Rúa Triunfo 1, baixo, Vigo), en horario de luns a venres de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:30 a 13:30 horas.

O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)

 

Máis información:

Fecha actualización del contenido:

2025-02-21 00:00
Fuente de los datos: Axenda de Vigo
Lugar:
Auditorio Municipal do Concello