CÍA. CAMPI: “MATRES”. DÍA INTERNACIONAL DA MULLERProcedencia: CataluñaXénero: teatro, monicrequesIdade recomendada: a partir de 6 anosDuración: 65 minutosIdioma: castelánPrezo da entrada: 5 €
Ficha técnica e artística:Autoría: Aitana Giralt, Cristina Garcia, Erik Varea, Jordi Pedrós, Marc EspinosaDirección de escena: Rosa DíazIntérpretes: Aitana Giralt, Cristina García, Erik Varea, Jordi PedrósEscenografía: Plancton Escena (Joan Pena, Elisabet Pané, Quimet Felis e María Aran)Deseño iluminación e espazo sonoro: Marc EspinosaComposición musical: Manuel DaboveVoz canción: Clara GispertAnimación e proxeccións: Laura Larios Ros, Quer Lloveras FontellesEspazo sonoro: Marc EspinosaVestiario: Rosa SoléConfección Atrezzo Téxtil: Goretti Herrero
Premios: • Premio da Crítica das Artes Escénicas de Cataluña 2025: Mellor espectáculo familiar • Premios FETEN 2025: Mellor autoría • Premio do Público: Mellor espectáculo da Mostra Igualada 2025
Sinopse:Un neno crece nun pequeno pobo rodeado de paxaros, de flores de macela e de tres mulleres, tres xeracións: a nai, a tía e a avoa. As tres nais de Jordi, o neno. Catro intérpretes ao servizo dunha historia que trata a maternidade e a morte, pero sobre todo a vida. Un relato sobre a perda da nai na infancia, onde as dificultades e o humor conviven con toda a naturalidade. Unha historia de amor, aventuras, superación e zapatillas voadoras.
Cando:
Domingo, 8 de Marzo de 2026
Lugar:
Praza do Rei 1
Horario:
18:00 h
Prezo:
As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes): • A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com • Na Papelería Folder Progreso (Rúa Progreso, 22, Vigo), en horario de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:30 h. • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)


